¿Cal é a orixe do problema?

Referímonos neste apartado a unha análise funcional máis que histórica, quere dicir, non de onde ven o problema no tempo, xa que posiblemente nos tiríamos que remontar ó orixe da humanidade, máis ben, nos referimos ca cuestión, ¿cal é o orixe do problema? a súa raíz agora mesmo. ¿Cal e o foco desta chama que esta a ocasionar tanto sufrimento na humanidade e no planeta?

Un podería pensar a simple vista que isto é un problema político ou económico, que de feito existe, pero isto non sería máis que unha capa superficial nun análise profunda da cuestión. Máis que iso sería entón un problema de vontade política Existen moitas medidas que se poderían tomar para arranxar a cuestión e non se tomán por unha cuestión de intereses. Na actualidade, as políticas responden os intereses de reducidos grupos que poderíamos nomear como “os mercados” para abreviar, inda que a cuestión sexa máis complexa que ise término e tamén ben necesaria de analizar.

Poderíamos dicir entón que un problema do sistema, quere dicir, o sistema non da resposta os intereses da maioría da poboación. O cal tamén e ben certo, pero seguiríamos sen chegar o meollo da cuestión. Xa que ca calidade humana que existe hoxe por hoxe, sería moi complexo poñer a unha maioría dacordo, xa que moi poucos están dispostos a pensar no ben común. E agora empezamos a entrar en materia . . .

Atallemos a cuestión de cara, estamos moi acomodados, e, arranxa o mundo sí, pero o meu non mo toques, arranxa o cambio climático pero non me movas do meu nivel de consumo, arranxa a igualdade social pero non me quites os meus privilexios, etc. Daquela, a cuestión e sinxela, inda somos demasiado egoistas.

E indo máis alá, inda que o egoismo está na maioría, existe moita xente disposta a buscar un mundo millor para todos, independentemente de que saia desfavorecido no que coloquialmente se lle chama o “estado de benestar”. Porque claro, ¿qué é o que eu preciso para estar ben?, ¿cantas persoas fixeron unha análise profunda de que o que realmente necesitan?, ¿quen somos realmente?, ¿e que é o que nos fai realmente felices?

E volvendo o grupo de persoas en desacordo co que está a ocorrer, hai moitas persoas incluso empleando o seu tempo e esforzos en construir un mundo máis xusto e millor para todos respetando o planeta. Polo que dado a gran cantidade de persoas que están neste grupo, e as poucas iniciativas que se consolidan, deberíamos plantexarnos a incapacidade de dar resposta a un problema como sociedade. Daquela, sen perder o fio da pregunta inicial, penso que leva moita razón o escritor Felix Rodrigo Mora, cando di que inda está por construir o suxeito revolucionario. Aquel que é capaz de traballar en equipo pro ben común.

E indo máis alá, e analizando o porque desta falta de suxeitos con capacidade  de transformación social, nos teríamos que preguntar que hai en nós, que nos impide camiñar cara onde queremos, o cal leva a argumentar unha falta de coñecemento de nos mesmos. Daquela, e agora respondendo profundamente a cuestión inicial, que razón levaba aquel filósofo que dixo “coñecete a ti mesmo”.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: